2Foto© laregion.esDía de la mujer conductora: el 48% de los españoles cree que el género influye en la capacidad de conducción
Apocalipse” é un termino que chega do grego “Apocçalupsis”, que significa “revelación”, “quitar o velo”. Tamén “Apocalipse” é o título do último libro da biblia cristián, coñecido como “Revelación”. É o texto mais críptico e hai varias teorías sobre a súa xénese, incluso que foi escrito e retocado por distintas mans en épocas diferentes, non so por San Xoan de Patmos.
O veterano cineasta Steven Spielberg na súa última longametraxe, “El día de la revelación”, move esta pregunta: que pasaría se un día, os telediarios de todo o mundo anunciasen a “revelación”? Estaríamos dispostos a saír da nosa zona de confort ou isto nos abocaría ao caos?
E fronte ao medo das consecuencias o filme move outra reflexión: sería mellor ocultar a “revelación” en plan “máis vale malo coñecido que bo por coñecer”?